XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba os prezos das actividades de pago dos centros culturais e a achega para o financiamento da UMAD

12/09/2013 A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a memoria de actividades dos centros socioculturais para os vindeiros meses, así como a achega que permitirá seguir financiando as actividades da UMAD. Ademais, deu o visto bo a catro subvencións directas.

En canto á programación de actividades dos centros socioculturais para este trimestre, segundo explicou a voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, fíxase un gasto de 74.800 euros, que permitirá a organización de actividades de formación, clubs de lectura, ximnasia, exposicións, etc. Fíxanse prezos de entre 6 e 19 euros e entre 20 e 42 euros para unha serie de actividades de pago, segundo a duración das mesmas. Estímanse uns ingresos por este concepto de 58.227 euros.

Convenios
Por outra parte e en virtude dos seus respectivos convenios, aprobáronse catro subvencións directas: Museo do Pobo Galego, 9.180 euros; Real Sociedade Económica de Amigos do País, 5.400 euros; Ateneo Santiago, 2.500 euros; e Federación de Libreiros de Galicia, 3.825 euros.

Financiamento da UMAD
Ademais, a Xunta de Goberno tamén deu o visto bo á adhesión do Concello ao convenio entre SERGAS, Xunta de Galicia e FEGAMP para programas de atención e protección da saúde. En virtude deste acordo, o Concello recibirá 532.532 euros destinados ao financiamento da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).

Xestión de multas
Finalmente, aprobouse o inicio do expediente de contratación do servizo de xestión de expedientes sancionadores en materia de tráfico, cun tipo máximo de licitación de 72.599 euros (IVE incluído).

Documentos relacionados



Compartir: