CULTURA

Ábrese o prazo de inscrición de novos abonados ao Programa da Real Filharmonía e do Auditorio de Galicia

11/09/2013 Unha vez rematado o prazo para a renovación de abonos, o Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia abren agora un prazo para todos aqueles interesados en abonarse por primeira vez ao seu Programa. Poderán facelo dende o 16 ata o 25 de setembro e aqueles que o fagan nos dous primeiros días levarán de forma gratuíta a entrada para o concerto inaugural da temporada, o día 17, xa que a entrada a ese concerto, que ten un custo de 10 euros, é de agasallo para os abonados.

Como en anteriores edicións, establécense catro modalidades de abono: un abono completo, por 271,50 euros, e tres abonos trimestrais, con prezos que oscilan entre 84 e os 127 euros. Xunto a eles, o Auditorio de Galicia oferta abonos especiais para estudantes e xubilados (cun 50% de desconto) e abonos colectivos, para asociacións culturais e veciñais. Os abonos colectivos non se poñen a venda neste prazo para novos abonados, porque os que existían foron renovados na súa totalidade, polo que non quedou ningún libre.

A compra de novos abonos poderase facer no despacho de billetes do propio Auditorio de Galicia, entre o 16 e o 25 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Documentos relacionados



Compartir: