FESTAS

Os escoceses Primal Scream encheron de nostalxia e rock a praza da Quintana

06/09/2013 Primal Scream recuperou o concerto das festas do Apóstolo suspendido no seu día polo accidente ferroviario de Angrois. Teloneáronos os composteláns Dirty Docks.

O grupo liderado por Bobby Gillespie interpretou na praza da Quintana as cancións do seu último disco, More Light, editado este mesmo ano. Foron o fío condutor dun concerto no que tampouco faltaron algúns dos temas que teñen colocado a Primal Scream nun lugar destacado dentro do olimpo do rock alternativo.

Compartir: