XUVENTUDE
A actividade consiste en facilitar un punto de encontro para que dúas persoas establezan contacto para practicar o uso dunha lingua. Entre os fins desta iniciativa están a mellora das destrezas lingüísticas, o intercambio de experiencias, o coñecemento de persoas con intereses comúns e o compartimento de afeccións con persoas que falan outras linguas. O programa está destinado a mozos e mozas de 18 a 35 anos.
Para participar nesta actividade é necesario cubrir unha ficha cos datos persoais, co obxectivo de poder poñer en contacto a diferentes usuarios que teñan intereses comúns, especialmente polo intercambio lingüístico. Unha vez cuberta, a ficha debe depositarse no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, lugar no que tamén terá lugar o primeiro encontro.
A USC conta recibir neste curso uns 1.200 estudantes estranxeiros. Deles, 934 incorpóranse no primeiro semestre. Proceden de diversos países de Europa e do mundo, destacando Italia, Alemaña e Reino Unido no ámbito europeo; México, Brasil e Arxentina no espazo latinoamericano; e China no ámbito asiático.
A Concellería de Xuventude informa sobre o seu programa de intercambio lingüístico aos novos estudantes estranxeiros da USC
05/09/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou no acto de benvida aos estudantes estranxeiros que se incorporan este curso á USC, organizado na Facultade de Xeografía e Historia pola Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización. Grazas a un stand instalado na Facultade de Xeografía e Historia, o Departamento de Xuventude informou a estes novos alumnos sobre o programa de intercambio lingüístico Busco parella…lingüística, posto en marcha polo Concello en colaboración coa USC.
O obxectivo deste programa é que os mozos e mozas de Compostela que teñan interese en perfeccionar as súas competencias lingüísticas poidan facelo dun xeito práctico a través da conversa con outras persoas con similares intereses. Así, os estudantes estranxeiros da USC poderán anotarse para practicar español con residentes en Santiago que desexen, así mesmo, practicar a lingua de orixe dos alumnos estranxeiros.A actividade consiste en facilitar un punto de encontro para que dúas persoas establezan contacto para practicar o uso dunha lingua. Entre os fins desta iniciativa están a mellora das destrezas lingüísticas, o intercambio de experiencias, o coñecemento de persoas con intereses comúns e o compartimento de afeccións con persoas que falan outras linguas. O programa está destinado a mozos e mozas de 18 a 35 anos.