XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica a xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas

05/09/2013 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou a xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Ademais, abriuse o procedemento para contratar ao mantemento do túnel do Hórreo.

O contrato da xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas adxudicouse por un importe anual de 425.094 euros. O contrato establécese por un prazo de dous anos, prorrogables a outros dous.

Tráfico e Seguridade Cidadá
No ámbito da Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá, aprobouse o expediente de contratación do servizo de conservación e mantemento do túnel do Hórreo, cun tipo de licitación de 140.000 euros (IVE incluído). A proposta deste mesmo Departamento, deuse o visto bo ao proxecto da obra de substitución de seis portalóns no Parque de Bombeiros, por un importe de 30.008 euros.

Medio Rural
O Goberno local tamén validou a obra de ampliación da rede de saneamento en Sarela de Arriba (A Peregrina), incluída no POS 2013, cun tipo de licitación de 106.553 euros (IVE incluído).

Urbanismo
En materia de Urbanismo, aprobouse o proxecto básico de consolidación dos muros dunha vivenda na Travesa de San Paio de Anteltares, nº 12, por un importe de 49.941 euros.

Benestar Social
Finalmente, acordouse solicitar á Consellería de Traballo e Benestar subvencións por 150.504 euros para os seguintes programas: Programa para a inclusión social da comunidade xitana (51.055 euros), Programa para a inclusión social da poboación inmigrante (52.972 euros) e Programa para a inclusión de persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (44.638 euros).

Documentos relacionados



Compartir: