ALCALDÍA

O presidente de Irlanda, Michael Higgins, visitou o Concello e realizou unha ofrenda floral ás vítimas do accidente de Angrois

26/08/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o presidente de Irlanda, Michael Higgins.

O xefe de Estado irlandés quixo manter un encontro institucional con Angel Currás antes de deixar Galicia. O dirixente pasou as súas vacacións estivais en Porto do Son.

Logo da xuntanza, Ángel Currás e Michael Higgins dirixíronse á Catedral, onde este realizou unha ofrenda floral ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois.

Compartir: