ALCALDÍA

O alcalde falou co presidente da FEGAMP sobre o proxecto da Lei de Reforma Local

21/08/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co alcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), José Manuel Rey.

Na reunión, programada xa dende hai tempo, Ángel Currás e José Manuel Rey trataron "temas que nos afectan como cidades e que debemos abordar conxuntamente" a propósito do proxecto da Lei de Reforma Local, indicou o rexedor compostelán. Algunhas destas cuestións xa foran tratadas por ambos alcaldes no último consello territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

O presidente da FEGAMP agradeceu a Ángel Currás o encontro, que vén a continuar o "intenso traballo" que está a realizar a Federación para introducir as demandas dos concellos nesa futura Lei de Reforma Local, aprobada polo Consello de Ministros e que en setembro entrará no seu trámite parlamentario.

Compartir: