ECONOMÍA

O Cersia acolle en setembro unha xornada formativa sobre motivación

20/08/2013 O Departamento de Economía, dirixido pola concelleira Reyes Leis, comezará o mes de setembro organizando unha xornada formativa sobre motivación dentro do programa municipal Santiago Investors Support, que ten entre os seus obxectivos fomentar a cultura emprendedora na cidade.

A xornada, que se celebrará o 3 de setembro entre as 10:00 e 14:00 e entre as 16:00 e 20:00 horas, diríxese a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, estudantes universitarios ou de formación profesional e persoas desempregadas de Santiago de Compostela.

A xornada Motiva e motívate ten como obxectivo amosar diferentes técnicas de motivación dentro do mundo empresarial. O programa tratará sobre: Moral, independencia e autonomía; Comunicación, creatividade e desenvolvemento; Interese e estimulación; Equipo, espírito, creatividade e traballo compartido; Motivación organizativa; Flexibilidade e independencia; Desenvolvemento de valores humanos; e O compromiso coa comunidade.

A xornada é gratuíta. A inscrición pode facerse a través da web da Área de Economía do Concello de Santiago: www.cersiaempresa.org.

Direcciones relacionadas



Compartir: