ALCALDÍA

Últimas xornadas do Curso Universitario Internacional Música en Compostela

13/08/2013 O tenente de alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, recibiu os participantes no Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela. Esta edición número 56 rematará o sábado 17 de agosto.

120 alumnos e alumnas de 30 nacionalidades están participando nesta edición do Curso. A esta heteroxeneidade de procedencias se referiu no seu discurso Franscisco Noya, poñéndoa en relación coa peregrinación a Compostela. A todos os participantes, o edil expresoulles o orgullo de telos na cidade e o desexo de que teñan unha feliz estanza en Compostela

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Alumnos de diversos países do mundo acoden cada verán a estas prestixiosas xornadas.

Compartir: