CULTURA

Títeres e maxia cómica na segunda semana do programa "Verán na rúa"

09/08/2013 Tras a o éxito de público dos primeiros espectáculos de Verán na rúa, a segunda semana do programa traerá lecer para todo sos públicos da man de Titereficciós e Pablo Good. Todas as actividades son gratuítas.

O luns 12 de agosto, unha doenza do clown Rudi Dudi obriga a cambiar a programación. No seu lugar, Títeresficciós porá en escena Cantos, contos, contas, un espectáculo infantil a cabalo entre os títeres, o contacontos e o humor que implica a nenos e maiores.

Dous viaxeiros coinciden nunha estación de tren durante a súa viaxe. As súas vidas están condicionadas polas historias que atopan alí onde van e descubrirán nesta ocasión que coinciden en moitas facetas da súa misión polo mundo, recoller historias. Nunha realidade confusa coa fantasía, estes personaxes comparten algúns destes contos mentres agardan a que chegue o próximo tren.

Finalmente, os viaxeiros interactuan co público para que sexa posible esa misión de recollida de historias que, a través dunha dinámica de papiroflexia, solicita a participación de todos para tal fin.

Este espectáculo infantil celebrarase ás 19:30 horas na praza da Quintana. En caso de mal tempo, a actuación pasaría ao Teatro Principal.

O martes 13 (praza da Quintana) e o mércores 14 (praza de San Martiño Pinario), ás 19:30 horas, vez para o espectáculo de Pablo Good Idea: Pablo Superstar Cool. Despois do éxito de Pablo Superstar. A historia máis grande xamais contada, chega esta nova proposta, na que Pablo Muñoz ofrecerá unha lección maxistral de como debe comportarse un Superstar no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público.

Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e Pablo Muñoz, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposible. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións absurdas de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Combinando elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo, o público pasarao en grande. Está dirixido a nenos a partir de 4 anos. Tamén neste caso, se a climatoloxía impedira o espectáculo na rúa, pasaría ao Teatro Principal

Direcciones relacionadas



Compartir: