CULTURA

Segue "Verán na rúa" cunha sesión de títeres de Manu Mansilla en San Martiño Pinario

08/08/2013 Verán na rúa continúa coa súa variada oferta, da que pode gozar especialmente o público infantil e familiar, que solo ten que coller un bo lugar para ver os diferentes espectáculos gratuítos, que toman as rúas do casco histórico de Compostela de luns a venres.

Os títeres chegan este venres 9 da man de Manu Mansilla: Títeres a cielo abierto, para nenos a partir de 4 anos, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, con cambio de escenario en caso mal tempo ao Teatro Principal.

Un monstro do centro da terra parece un terrorífico ser. Pero rapidamente descubrirase que Benigno Escalante é un sociable e tenro monstro alaranxado. Un cuadrilleiro chamado Perigo ven decidido a conquistar o mundo e busca entre o público aos seus novos secuaces. Conseguirá atopar tres nenos malvados que o axuden a concretar o seu maléfico plan? Ou será máis forte o desexo de conservar e protexer o noso planeta e os seres que viven nel?

Hai monicreques que nacen séndoo e hai monicreques que van descubrindo o que son co paso do tempo. Manu e o seu monicreque Luís intentan poñerse de acordo sobre quen manda, un conflito clásico. Manu enfurecido formúlalle a Luís unha verdade: "ti es un monicreque". Todo cambia cando Luís decide marchar.

Direcciones relacionadas



Compartir: