XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba novas axudas para vivendas da ARI de Vista Alegre

08/08/2013 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou novas axudas para vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, correspondentes ás fases quinta e sexta do convenio de axudas entre Concello, Fomento e IGVS.

Segundo explicou a vicevoceira da Xunta de Goberno, María Castelao,aprobáronse inicialmente as axudas para 29 beneficiarios correspondentes á fase sexta do convenio entre o Ministerio de Fomento, o IGVS e o Concello de Santiago, con cargo á anualidade 2014. O importe total é de 274.366 euros, cofinanciados polo Ministerio de Fomento (137.183 €) e o IGVS (137.183 €).

Xa de xeito definitivo, neste mesmo ARI de Vista Alegre, aprobáronse axudas para 20 beneficiarios. Neste caso correspondíanse coa fase quinta do devandito convenio, con cargo á anualidade 2013. As axudas suman 195.072 euros, dos que o Ministerio de Fomento achega 97.536 € e o IGVS 97.536 €.

Obras en Lavacolla
Nesta mesma Xunta de Goberno deuse o visto bo ao expediente de contratación das obras de ampliación da rede de abastecemento e saneamento no lugar de Lavacolla (Sabugueira), incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2013).

Documentos relacionados



Compartir: