TURISMO

Concello e Hostalería reiteran a súa aposta pola nave 5 do Mercado de Abastos como escaparate gastronómico

06/08/2013 A alcaldesa en funcións e concelleira de Turismo e Mercados, Reyes Leis, mantivo unha reunión en Raxoi con representantes da asociación Hostalería Compostela, co obxectivo de analizar o futuro da nave 5 do Mercado de Abastos.

Segundo indicou Reyes Leis ao remate da xuntanza, tanto Concello coma hostaleiros seguen apostando porque a nave 5 sexa un escaparate gastronómico dos produtos composteláns e galegos, outorgando así un valor engadido ao Mercado de Abastos. Hostalería Compostela quere presentar un proxecto para este espazo e comprometeuse a entregalo a finais de setembro ou principios de outubro.

Reyes Leis apuntou que se estudará ese proxecto, co obxectivo de que a nave 5 estea en pleno funcionamento co seu novo cometido na primavera de 2014. Lembrou que é a Cooperativa do Mercado de Abastos a arrendataria da nave e que Hostalería Compostela asumirá a actividade que nela se desenvolva.

Compartir: