PERSOAL

O Concello de Santiago selecciona director/a da Banda Municipal de Música

05/08/2013 Vén de publicarse a convocatoria pola que o Concello de Santiago de Compostela seleccionará, polo sistema de libre designación, o posto de director/a da Banda Municipal de Música.

Os aspirantes deberán estar en posesión do título de licenciado en dirección de orquestra e acreditar unha experiencia mínima de dous anos como director de banda de música ou de orquestra. Os candidatos teñen ata o 20 de agosto para presentar as súas solicitudes, debendo xuntar copia do DNI, da documentación acreditativa dos méritos alegados e do proxecto ao que se refiren as bases.

Os impresos de solicitude e as bases da convocatoria están dispoñibles na Oficina Municipal de Información e Atención ao Cidadán, nesta web e no BOP nº 146 (2 de agosto de 2013).

Compartir: