XUVENTUDE

Última xornada do programa de voluntariado para o acondicionamento da carballeira de Tarrío

30/07/2013 Efectivos de Protección Civil participaron na parroquia do Carballal na terceira e última xornada de recuperación da carballeira de Tarrío, dentro do programa de voluntariado ambiental. A actividade, que tivera dúas xornadas máis os días 16 e 23 de xullo, tiña como obxectivo promover a concienciación e sensibilización da poboación nova sobre o medio.

Os voluntarios deste programa rehabilitaron a carballeira do lugar de Tarrío, na parroquia do Carballal, un espazo de gran valor medioambiental e que levaba dez anos sen acondicionar. Os participantes limparon a maleza, identificaron e inventariaron as diferentes especies para que despois o Concello proceda a talar aquelas que estean fora da marcaxe.

Nesta actividade, organizada pola Concellería de Xuventude, tomaron parte fundamentalmente mozos e mozas de entre 14 e 20 anos, acompañados dun monitor e dun técnico de medio ambiente. Nesta última xornada, contaron tamén coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil.

Compartir: