ACCIDENTE FERROVIARIO

Os Príncipes de Asturias visitaron os feridos e conversaron cos veciños de Angrois e cos participantes no operativo de emerxencia

26/07/2013 Os Principes de Asturias visitaron os feridos que permanecen no Hospital Clínico de Santiago. Alí foron recibidos polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde de Santiago, Ángel Currás; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

Tras visitar os feridos, don Felipe e dona Letizia desprazáronse ata o lugar da traxedia, Angrois, onde conversaron cos seus veciños, aos que expresou o seu recoñecemento e agradecemento. Posteriormente, as Súas Altezas Reais acudiron ao Pavillón do Restollal para manter un encontro cunha representación dos distintos colectivos que participaron no operativo de emerxencia e de atención ás vítimas e ás súas familias.

Compartir: