ACCIDENTE FERROVIARIO

Os Reis de España visitaron os feridos

25/07/2013 Os Reis de España visitaron esta tarde os feridos no accidente ferroviario rexistrado onte en Santiago de Compostela.

Tras visitar os feridos ingresados no Hospital Clínico Universitario, Don Juan Carlos expresou as súas condolencias ás familias das vítimas. Eloxiou a celeridade e coordinación na reacción dos servizos de emerxencias e agradeceu a colaboración a voluntarios, doantes e cidadáns de Compostela. Posteriormente, os monarcas visitaron tamén os feridos ingresados no Hospital Policlínico La Rosaleda.

Compartir: