ACCIDENTE FERROVIARIO

Declaración institucional do Concello de Santiago de Compostela con motivo do accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013

25/07/2013 O Concello de Santiago de Compostela, reunido en Pleno Extraordinario decidiu adoptar a seguinte Declaración Institucional:

"Santiago de Compostela sufriu no día de onte o accidente máis grave da súa historia. O descarrilamento do tren que cubría a liña Madrid-Ferrol ocasionou un gran número de vítimas mortais e moitos feridos de distinta consideración.

A Capital de Galicia, no día de todos os galegos síntese solidaria coas vítimas e as súas familias poñéndose a súa disposición en todo momento con todos os medios humáns e materias que as institucións teñen ao seu alcance.

Compostela, os seus veciños e os seus visitantes, demostraron o carácter dun pobo unido, solidario , preocupado e implicado ante una desgracia de tal magnitude como a que vivimos onte.

A suspensión dos actos festivos do Día de Galicia e a declaración de sete días de Loito Oficial, simbolizan a nosa desolación e tristura e representan o pésame de toda una cidade aos familiares dos falecidos e dos feridos.

Queremos agradecer o esforzo e a entrega sen límites de toda a cidadanía, colectivos, empresas e profesionais que estiveron colaborando coa Administración na atención ás vítimas e as súas familias.

Santiago de Compostela agradece a solidaridade nesta traxedia, facendo especial mención aos vecinos e veciñas de Angrois que desde o primeiro momento entregaron todos os seus esforzos para axudar nesta catástrofe."

En Santiago de Compostela a 25 de Xullo de 2013

Compartir: