COMERCIO

Os 27 comercios participantes no "Sensacion-all Compostela" reciben os seus paquetes promocionais

24/07/2013 A concelleira de Comercio, Reyes Leis, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, comezaron a entrega dos paquetes promocionais aos 27 comercios participantes no programa de dinamización comercial Sensacion-all Compostela. O teu comercio está de moda, realizado por primeira vez no mes de xuño.

Dentro do programa, a Concellería de Comercio organizou un calendario de visitas aos 27 comercios participantes, nos que se desenvolveron outfits, concibidos como accións promocionais dos comercios. Así, entre e o 20 e o 27 de xuño, un fotógrafo, un cámara e dous modelos, acompañados de persoal da organización, acudiron a cada un dos comercios participantes coa finalidade de promocionar as distintas prendas ou produtos que cada tenda ofrece e que se acompañou dun pequeno ágape que os comercios ofreceron á clientela que asistiu.

Tras os outfits celebrouse un desfile na Cidade da Cultura o 29 de xuño, no que os establecementos participantes puideron amosar os seus produtos. O desfile contou coa asistencia de numeroso público, entre os que se atopaba o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez.

Participaron 27 comercios. Os pertencentes á categoría téxtil muller foron: Simplemente Luna (Xeneral Pardiñas, 27), Friseé (Xeneral Pardiñas, 40), Ela Diz (Rúa Nova, 24), Allegra (Alfredo Brañas, 17), Charol (República do Salvador, 14), Xanela da Danza (Rosalía de Castro, 51), El Vestido de Alicia (San Lázaro, 16), Kookai (Doutor Teixeiro, 20) e Yumana (San Pedro, 74).

Na categoría téxtil home participaron: Cultura Urbana (Fernando III O Santo, 1), Garisom (Rúa do Vilar, 11) e Valente Moda Hombre (Rosalía de Castro, 83-85). En complementos desfilaron Como Pez en el Agua (San Pedro, 79), Opticalia (Xeneral Pardiñas, 11), Óptica Novalux (República Arxentina, 9), El Taller de Fer (San Pedro, 109) e Perfumería Dulce Calvo (Xeneral Pardiñas, 38). En xoiaría, Xoiaría Jael (Xeneral Pardiñas, 7) e Katuxa Platero Joyas de Autor (Rúa do Vilar, 45). En infantil, Teté Niños (Montero Ríos, 16), Lío Lío (Hórreo, 84), Pío Pío (Rosalía de Castro, 48), e Calzados Chiqui (Alfredo Brañas, 11). Na categoría de zapatería, Cuplé (Alfredo Brañas, 14) e Calzados Seijas (República Arxentina, 18). E finalmente, na categoría de deportes, Centro Deportivo (San Pedro de Mezonzo, 28) e Amancio Deportes (Rosalía de Castro, 38).

Finalmente, co material gráfico tomado nos outfits celebrados nas diferentes tendas elaborouse un material promocional específico para cada comercio participante, o Look Book Sensación- all Compostela 13. O teu comercio está de moda., que inclúe tanto material fotográfico como un vídeo promocional do comercio. Este material entregarase durante esta semana aos comercios participantes, logo de que Reyes Leis e Sol Vázquez entregaran os primeiros paquetes en varios comercios do Ensanche.

Compartir: