XUVENTUDE

Xornada multiaventura en Carcacía para pechar o programa Verán Activo 2013

23/07/2013 O Centro Xuvenil e Municipal do Ensanche foi o punto de reunión dos rapaces e rapazas participantes no campamento multiaventura organizado pola Concellería de Xuventude no marco do programa Verán Activo 2013. A edil de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañou a expedición, que se dirixiu a Carcacía (Padrón).

Ao longo desta xornada, os mozos e mozas participantes tiñan previsto realizar unha serie de actividades lúdico deportivas: rafting, tiro con arco, tirolina, paintball e escalada. Con esta actividade péchase esta edición do programa Verán Activo 2013.

Compartir: