XUVENTUDE

Vinte e cinco mozos e mozas aprenden náutica e inglés en Carnota

19/07/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visitou en Carnota o campamento English Surf Camp, organizado polo seu Departamento. A actividade, iniciada o 14 de xullo, rematará o domingo 21. Conta con 25 participantes, que esgotaron as prazas ofertadas semanas antes da data límite de inscrición.

O campamento, pensado para mozos e mozas de 14 a 17 anos, mestura o coñecemento do medio coa náutica e o inglés. Os participantes desenvólvense en inglés dunha forma lúdica mentres realizan actividades como o surf, paddelboard, esnorquel, bodyboard, kaiak-surf e outras como a visita a Castro Baroña, para realizar un exercicio de escalada.

Esta actividade está incluída na oferta do programa Verán Activo 2013, posto en marcha pola Concellería de Xuventude.

Compartir: