FESTAS

Chaián acolleu a Festa do Escalo, coa colaboración do Concello de Santiago por segundo ano consecutivo

21/07/2013 A parroquia de Chaián, no Concello de Trazo, a XXIX Festa do Escalo, un peixe similar á troita que se pesca no río Tambre. O Concello de Santiago colaborou por segundo ano consecutivo nesta celebración de confraternidade entre os dous municipios.

A festa contou cun concurso de ciprínidos, familia á que pertence o escalo. Houbo competición nas categorías infantil, xuvenil, damas, sénior e por equipos. Os pescadores concentráronse ás 8:00 horas no Bar Nieto, para saír ao río ás 9:00 horas e retirarse ás 13:30 horas. Logo do pesado das capturas, celebrouse a entrega de premios.

Ao concurso seguiulle a tradicional romaría, amenizada musicalmente polo grupo de gaitas Os Xeitosos de Trazo e polo grupo musical Ilusión. Logo da comida, continuou a verbena novamente co grupo Ilusión. Ademais, púidose degustar polbo e houbo inchables para os máis pequenos.

Compartir: