EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Os máis cativos adquiren cultura gastronómica e conciencia dunha alimentación saudable

18/07/2013 As concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez visitaron o Campus de Cociña Infantil CompHostelería, que se está a desenvolver na sede de Hostalería Compostela. Participan nenos e nenas entre 6 e 12 anos en quendas de mañá dunha semana de duración.

Este Campus pretende fomentar entre os máis cativos a cultura gastronómica e crear unha conciencia de alimentación sa é saudable. Os obradoiros afondan en todo o relacionado coa alimentación: peixes, carnes, hortalizas, legumes e froitas, así como o proceso de elaboración, a limpeza, a preparación dos alimentos e a importancia dos sentidos para apreciar todos os matices e a riqueza da nosa cultura gastronómica.

Entre as actividades programadas están a visita á Praza de Abastos, obradoiros do gusto e dos sentidos, do leite e do queixo, dos peixes e dos mariscos, da carne, do chocolate; manualidades gastronómicas; aprendixaze de hábitos de axuda, como a de poñer recoller a mesa, así como un curso monográfico sobre os nomes dos produtos en galego. Deste xeito, as sesións tamén contribúen a divulgar a lingua dun xeito divertido e ameno.

Compartir: