ALCALDÍA

Segundo Hevia doa ao Concello unha das súas pinturas sobre Compostela

17/07/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu de mans do pintor Segundo Hevia a súa obra Plaza de la Inmaculada II. Santiago de Compostela, que vén de doar ao Concello e que será exposta no Pazo de Raxoi.

Ángel Currás agradeceu a súa doazón a Segundo Hevia, artista de recoñecido prestixio que leva moitos anos pintando cada recuncho da cidade. A obra doada é unha acuarela de 81 x 63 centímetros, que agora conservará e custodiará o Concello de Santiago.

Compartir: