CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan os obradoiros e obras teatrais para bebés do programa "Vive o verán"

16/07/2013 O programa Vive o verán, da Concellería de Centros Socioculturais continúa levando actividades a diferentes espazos da cidade. Nesta xornada celebrouse no CSC de Vite unha nova sesión dos obradoiros para bebés Medrar en familia.

Tamén seguen as representacións de Chove, obra de teatro para bebés, neste caso o martes 16 de xullo, ás 18:00 horas, no CSC de Conxo, e o mércores 17 de xullo, á mesma hora, no CSC de Vite. Para esta última representación aínda quedan prazas.

Unha das novidades desta semana é o traslado ao parque da Constitución (ata agora facíase no parque de Bonaval) das sesións de baile funky. Esta actividade, que se realiza os mércores, de 19:30 a 21:00 horas, é de balde e non precisa inscrición.

Esta semana tamén hai ximnasia terapéutica, os mércores no parque da Alameda (zona de aparellos), de 10:00 a 11:00 horas; e Chi Kung tradicional, os xoves pola tarde, de 20:00 a 21:00 horas, no Campus Sur (fronte á Facultade de Química). A estas actividades hai que engadir a exhibición e práctica do xogo Scalextric no Centro Sociocultural do Ensanche o martes 16 e o mércores 17, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é libre e non se precisa inscrición.

Toda a información no Facebook de Vive o verán.

Compartir: