CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC de Vite acolle unha mostra pictórica sobre o Camiño de Santiago

15/07/2013 O Centro Sociocultural José Saramago de Vite acolle dende o martes 16 ata o 31 de xullo a exposición Camiño de Santiago da Pintura, do pintor Francisco Pérez Alonso. O artista inaugurará a mostra ás 20:00 horas.

A exposición reúne as pinturas realizadas polo pintor natural de Toro (Zamora) con motivo da súa peregrinación a Santiago en agosto de 2012. Trátase dunha colección de láminas ao pastel.

Na soidade da súa peregrinación, o artista quere "facernos reflexionar sobre as fermosas construcións e paraxes das que podemos gozar neste Camiño co fin de devolverlles a súa importancia, feito a miúdo pasado por alto, simplemente pola súa proximidade".

A exposición poderá visitarse de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Compartir: