MEDIO RURAL

Rematadas as obras de reforzo do firme en Aríns, Eixo de Arriba e Marrozos

15/07/2013 Os concelleiro Luís Meijide e Jose María Rosende, encargados do seguimento do rural, visitaron tres das obras executadas no marco do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2012) e xa rematadas. En concreto, comprobaron a correcta realización das obras de reforzo do firme en Aríns, Eixo de Arriba-Pereiras e Corexo (Marrozos).

Na obra de reforzo do firme en Corexo, na parroquia de Marrozos, investíronse 133.871 euros, que permitiron a reparación dun vieiro de 1.680 metros e a reposición de 14 sinais viarios.

Tamén se remataron as obras de reforzo do firme na parroquia de Aríns, que tiveron un custo de 99.743 euros. Neste caso actuouse sobre tres tramos de 1.120 metros e repuxéronse 13 sinais viarios.

A terceira das obras visitadas polos concelleiros foi a realizada en Eixo de Arriba-Pereiras, que permitiu reparar dous tramos de 779 metros e repoñer catro sinais. O investimento foi de 45.123 euros.

Compartir: