CENTROS SOCIOCULTURAIS

Sesión de astronomía dentro do programa Vive o verán

12/07/2013 Hoxe venres 12 a actividade concéntrase no Csc da Trisca mentres que na sede da SGAE péchase o obradoiro de contos para rapaces.

Na terraza do Csc da Trisca a partir das 21h o clube de Astronomía Vega levará a cabo unha sesión denominada Observando a lúa e os planetas. A entrada é libre e de balde, limitada só polo aforo da terraza.

Hoxe remata o obradoiro de contos "Contos con moita arte", que se realizou durante toda a semana na sede da SGAE cun grupo de 20 nenos de 3 a 8 anos. Os rapaces participantes achegaronse á fantasía do mundo dos contos, desenvolvendo variadas actividades de plástica, expresión corporal e artística.

Como todos os luns, o próximo día 15 de xullo, haberá ximnasia terapéutica no Parque da Alameda (zona de aparellos de ximnasia), de 10 a 11h. O acceso é libre e non se precisa inscrición.

Compartir: