FESTAS

Santiago colabora por segundo ano consecutivo coa Festa do Escalo

12/07/2013 O evento, que foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Festas, Francisco Noya, terá lugar o domingo 21 en Chaián.

A parroquia de Chaián, no Concello de Trazo, celebra este fin de semana a XXIX Festa do Escalo, un peixe similar á troita que se pesca no río Tambre.

O concelleiro de Festas, Francisco Noya, acompañado polo alcalde de Trazo, José Dafonte e por Ramón Fandiño, presidente da Sociedade de caza e pesca "la Venatoria", presentou en rolda de prensa esta segunda colaboración dos dous concellos: "a parroquia de Chaián é o linde no que conflúen os dous termos municipais polo que esta será tamén unha festa de confraternización".

A festa contará cun concurso de ciprínidos, familia á que pertence o escalo. Ademáis tamén se poderá degustar pulpo e haberá inchables para os máis pequenos.

Compartir: