ALCALDÍA

O alcalde recibiu o coronel xefe do Aeródromo militar de Santiago

10/07/2013 Ángel Currás e IsaÍas Alejandro García Poncio mantiveron un encontro na casa do Concello.

O aeródromo militar, situado en Lavacolla e en funcionamento dende 1937, é utilizado coma base polos hidroavións Canadir do 43 Grupo da Forza Aérea que cada ano participan nas labores de extinción de incendios.

A súa misión principal consiste en proporcionar apoio loxístIco e de seguridade ás Unidades Aéreas das Forzas Armadas de España que se atopan desplegadas nel.

Compartir: