CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades de Vive o verán

10/07/2013 Mañá xoves haberá unha saida ao parque acuático de Cerceda que se repetirá o vindeiro xoves 18. Esta actividade, promovida pola Concellaría de centros socioculturais no marco do programa Vive o Verán é unha das máis agardadas polos nenos e as familias

Mañá xoves 11, un grupo de 115 rapaces de entre 7 e 14 anos inscritos para a saída ao parque acuático de Cerceda, gozarán dunha xornada de xogos nas piscinas das instalacións do parque acuático. Acompañados por monitores do programa Vive o Verán 2013 gozarán desde as 12h ata as 20.30h, que estarán de volta en Santiago. O grupo partirá de Santiago ás 11h en distintos autocares que recollerán aos participantes para achegalos ata o Parque Acuático.

Viaxe a costa vasca

Tamén mañá parte un grupo de 52 participantes cara á costa vasca organizado dentro do programa "Imos de excursión". Disfrutarán dende o 11 ao 14 de xullo da riqueza natural e patrimonial das terras vascas, visitando localidades como Santurce, Bilbao e San Sebastian. O grupo sairá as 6.00 a.m. de Santiago.

Compartir: