XUVENTUDE

Rebeca Domínguez visitou os rapaces que están a participar nas actividades de conciliación de Don Bosco

10/07/2013 O Centro Don Bosco acolle a uns 300 rapaces que están a participar nestas actividades entre as 8 e as 15h. O Concello, a través da Concellería de Xuventude, colabora na financiación dalgunhas das actividades.

Durante o mes de xullo preto de 300 rapaces entre os 4 e os 13 anos comparten xogos e obradoiros no centro Don Bosco. A programación de actividades é diferente en función dos grupos de idade, con monitores diferentes; intercalando actividades de interior (obradoiros...) con actividades ao aire libre (grandes xogos en grupo, predeportivos, xinkanas...) ademais de contar con excurisóns, como á exposición sobre o Orinoco na Cidade da Cultura, á que irán acompañados pola edila. A Concellería de Xuventude financia o desprazamento dos rapaces nas excursión.

O programa pretende facilitar a conciliación familiar e laboral e favorecer a participación de rapaces e rapazas con menos recursos ou en risco social baixo o lema "Ningún neno sen amigos, sen xogos, sen diversión educativa....".

O horario é de 8,00 a 15,00h., contando coa posibilidade de atención en madrugadores e mediodía.

Compartir: