URBANISMO

As obras do estanque da Alameda comezarán a principios de agosto

09/07/2013 A empresa CESPA será a encargada de levar a cabo as obras cun prazo de execución de 4 meses.

A obra conta cun orzamento de 98.600 euros máis IVE destinados, entre outros aspectos, á impermeabilización dos vasos e á restauración do mobiliario. A mesa de contratación acordou a proposta de adxudicación que será levada á vindera Xunta de Goberno para a súa aprobación.

Ademais levarase a cabo un traballo de integración da zona axardinada no paseo da Alameda para "poder visualizar o estanque dende o paseo sen obstáculos", apuntou en rolda de prensa a concelleira de Urbanismo, María Pardo.
Tamén se incorporarán aves acuáticas ao estanque que contará con chorros de auga e xogos de luces.

Compartir: