EDUCACIÓN

O Festival MusiCompostela trae outro novo concerto sen alcol este venres

10/07/2013 Este venres 12 de xullo, a partir das 22.00 horas, Doctor Gringo e Johnny and the Ticks actuarán no marco deste festival no Pub Sónar.

Este é o segundo dos tres concertos que programou o Concello na súa aposta pola mocidade e a diversión coa intención de promover a concienciación dos máis novos de que non fai falta o alcohol para pasalo ben.

Estas accións son financiadas cunha subvención do Ministerio de Sanidade procedente dos bens decomisados por tráfico de drogas e outros delictos relacionados, polo que o 70% do custe das actividades está subvencionado.

O que se pretende na planificación destas actividades é poñer en valor, apoiar, facilitar actividades de ocio e tempo libre que potencien a creatividade, o esforzo, a amizade, a diversión, o ocio e outros valores incompatibles co consumo de substancias.

Documentos relacionados



Compartir: