CULTURA

O Vía Stellae trae un novo espectáculo de danza contemporánea

08/07/2013 A Compañía Nacional de Danza de Costa Rica visita por primeira vez Galicia presentando ‘Vacuo’. O luns 8 de xullo, ás 21.00h, ofrecerá un breve anticipo da obra na Praza de San Martiño Pinario, e o martes 9 de xullo, a representación será no Teatro Principal ás 21.00 h.

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, presentou na casa do concello 'Vacuo', unha reflexión sobre o baleiro da existencia, da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, acompañado de Mimi González, directora xeral e artística da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica e Maruxa Salas, da compañía galega SóLODOS, directora e coreógrafa de 'Vacuo'.

PRELUDIO

Hoxe ás 21.00h preludio á danza… ‘Vacuo’ na Praza de San Martiño Pinario: anticipo en forma de breve intervención da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica antes da presentación en Santiago do seu espectáculo ‘Vacuo’ no Teatro Principal. Gratuito.

E no Teatro Principal a CND presenta o martes 9 de xullo ás 21.30h ‘Vacuo’ unha reflexión metafórica sobre o baleiro da existencia, onde doce intérpretes poñen en escea unha peza que conta con música de Berrogüeto e dirección e coreografía de Maruxa Salas e Erick Jiménez da compañía galega SólODOS.

Maruxa e Erick traballaron coa Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, que dirixe Mimi González, nunha nova versión da coreografía de ‘Vacuo’ (unha proposta que Maruxa Salas creou en 2006 para o Centro Coreográfico Galego, e que volve a montar 6 anos despois para esta compañía). A nova versión estreouse o 13 de setembro de 2012 no Teatro Melico Salazar en San José de Costa Rica.

‘Vacuo’ é unha reflexión metafórica sobre a vida, a busca dun mesmo, dos espazos de rexeneración, de liberdade e descubrimento. A coreografía aborda o tema da importancia da interrelación humana e do ser humano coa natureza como exemplo do seu interior espiritual.

Entradas á venda a 8 euros na billeteira do Teatro Principal (domingos pechado) desde as 17.30 ás 20.30h.

Esta xira está producida por SóLODOS, Compañía Nacional de Danza y Teatro Popular Melico Salazar de Costa Rica, Ministerio de Cultura y Juventud de Costa Rica. O Ministerio busca difundir o traballo profesional do CND en Europa e según Mimí González, entre os beneficios desta xira resalta "a proxección e posicionamiento dun espectáculo de alta calidade estética e profesional en Europa’.

COMPAÑÍA NACIONAL DE DANZA DE COSTA RICA

Creada en 1979, baixo a dirección da directora fundadora mestra Elena Gutiérrez, é unha institución cultural gobernamental que fomenta a presentación de espectáculos de danza contemporánea profesional. Tamén administra o Teatro da Danza do CENAC. No 2000 converteuse nun programa artístico do Teatro Popular Melico Salazar, ambos adscritos ao Ministerio de Cultura e Mocidade de Costa Rica. Os seus principais obxectivos foron os de conformar un estilo de danza capaz de expresar a identidade dos costarricenses mediante O director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, presentou hoxe, na casa do concello 'Vacuo', unha reflexión sobre o baleiro da existencia, da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, acompañado de Mimi González, directora xeral e artística da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica e Maruxa Salas, da compañía galega SóLODOS, directora e coreógrafa de 'Vacuo' .

SóLODOS. MARUXA SALAS / ERICK JIMÉNEZ

Compañía de danza con sede en Galicia e Costa Rica, está dirixida pola coreógrafa galega Maruxa Salas e o coreógrafo costarricense Erick Jiménez. Iniciou o seu traballo artístico en 2010 coa estrea do seu espectáculo SóLODOS, pequenos relatos bailados e realizou unha extensa xira por toda España, México, Costa Rica, Portugal e Cuba. En 2011 producen o espectáculo Seisdecatro, cocreación de catro compañías de danza galegas (SóLODOS, La Macana, Pisando Ovos e Quique Peón Cía) que foi coproducido pola Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, AGADIC e a Plataforma Internacional Real S. A. Tamén contou cunha residencia de creación en Centro LSD in Movement, como premio do Certamen Coreográfico de Madrid outorgado a Maruxa Salas e Erick Jiménez pola súa peza Vixilia en Ausencia. Coproduce outros proxectos relacionados coas artes escénicas e en Iberoamérica e outras rexións brinda apoio loxístico, técnico e económico á investigación no campo cas artes escénicas e a danza. A súa filosofía é compartir con outras estruturas dedicadas á xestión de proxectos culturais e apoia o traballo doutros novos artistas a través de distintos programas de cooperación como talleres, residencias artísticas, intercambio de coñecementos a través de laboratorios, asesorando e realizando diferentes propostas en común con outros artistas de distintas latitudes xeográficas.

Maruxa Salas, Erick Jiménez e Víctor López ademais de crear e producir as súas propias propostas artísticas, desenvolven o seu labor profesional de xeito independente, traballando e colaborando con outras institucións, artistas e proxectos.

Compartir: