IGUALDADE

Preséntanse as conclusións do proxecto Keyfora nun seminario final

05/07/2013 O Cersia está a acoller o Seminario final do proxecto Keyfora cos obxectivos de sintetizar, compartir, debatir e dar visibilidade ás experiencias adquiridas polos participantes durante os tres anos de proxecto.

Keyfora é un proxecto que busca aportar unha resposta a unha realidade común dos países europeos como é o envellecemento da poboación.

Este proxecto creouse a través dunha serie de ferramentas como son una guía metodolóxica que permitirá a divulgación de mecanismos de formación para as Competencias Clave en Situación Profesional; un método baseado no principio da creatividae e por último un método relativo a Competencias Transversais Clave para Programas de Fomación e Emprego.
O programa pretende que as persoas de axuda domiciliaria que queiran validar a súa experiencia e as súas competencias transversais para poder exercer un novo oficio o poidan facer utilizando estas ferramentas.

A concelleira Reyes Leis estivo acompañada na rolda de prensa por membros deste proxecto así como da presidenta da Comisión de Educación do Senado, María Jesús Saínz e máis de Marta González, membro da Comisión de Educación do Congreso.

En palabras e Patrick Torre, director do proxecto "esta é a segunda fase dun proxecto colaborativo que implica a tódalas partes e que ofrece dúas pistas de traballo. Por unha parte traballar xuntos para propoñer unha certificación común dos países da Unión Europea para poder cualificar as persoas que se ocupan dos maiores tanto de xeito profesional como non profesional. En segundo lugar divulgar os resultados obtidos neste proxecto Keyfora".

Compartir: