EDUCACIÓN E XUVENTUDE

Chegou a Lavacolla o primeiro voo con nenos saharauís que pasarán o verán en Galicia

05/07/2013 Dentro do programa "Vacacións en paz" o aeroporto de Lavacolla recibiu esta madrugada aos nenos saharauís dos campamentos de Tindouf que foron recibidos polas concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao

Dende mediados dos anos 90 as asociacións españolas de amigos do pobo saharauí desenvolven o programa "Vacacións en paz" para que nenos e nenas pasen o verán en España.

Este programa solidario permite a acollida temporal por familias españolas de rapaces dos campamentos de Tindouf. En concreto este ano Galicia acolle a 326 rapaces e rapazas.

Compartir: