EDUCACIÓN

O progama de conciliación de verán inicia os pequenos na agricultura ecolóxica

05/07/2013 Os nenos e nenas que están a participar no programa de conciliación de verán tiveron hoxe unha actividade especial: desprazáronse ata os hortos de Fontiñas onde aprenderon a facer unha plantación ecolóxica.

A parcela oito acolle xa as leitugas, os tomates e as herbas aromáticas que estes nenos aprenderon a plantar dentro do programa de conciliación, que inclúe actividades que xiran en torno ao coidado e respecto do medio ambiente.

O programa desenvólvese do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro no CEIP das Fontiñas e ten como obxectivo primordial facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia. Nesta primeira quincena participan 65 nenos e para a segunda hai 50 matriculados, ao igual que para o mes de setembro. Se algún pai ou nai está interesado, aínda pode formalizar a matrícula.

Dentro do programa, intercálanse actividades lúdicas, deportivas, xogos e obradoiros. Así mesmo, cóntase con servizo de madrugadores e de comedor.

Compartir: