XUVENTUDE

A concelleira de Xuventude reuniuse cos pais dos nenos e nenas do campamento de verán de surf e inglés

04/07/2013 Ademais asistiu en Sar a un obradoiro de cociña de verán organiado pola Concellería.

A concelleira e mailos pais dos rapaces participantes no campamento de verán de surf e inglés mantiveron un encontro informativo no Centro Xuvenil do Ensanche sobre as actividades que se van desenvolver.

O campamento, pensado para mozos e mozas de 14 a 17 anos, mestura o coñecemento do medio coa náutica e o inglés. Os participantes desenvolveranse en inglés dunha forma lúdica mentres realizan actividades como o surf, paddelboard, esnorquel, bodyboard, kaiak-surf e outras como a visita a Castro Baroña, onde farán un exercicio de escalada.

Hello Cooking
Ademais a concelleira asistiu ao obradoiro de cociña de verán que tivo lugar en Sar, na sede de Hello Cooking. Este obradoiro foi organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración con esta empresa.

Compartir: