EMPREGO

O Cersia acolle a reunión da Xunta Directiva do proxecto europeo Keyfora

04/07/2013 Trátase dun proxecto que pretende dar respostas ao envellecemento poboacional, un dos problemas máis serios que afecta a Europa nestes tempos. Os membros foron recibidos tamén no Pazo de Raxoi.

A concelleira de Emprego, Reyes Leis, inaugurou no Cersia a reunión da Xunta Directiva do proxecto europeo Keyfora, no que participan representantes de Bélxica, Irlanda, Italia, Eslovaquia e Francia, ademáis do propio Concello de Santiago en representación de España, e que se desenvolverá hoxe e maña no edificio municipal. O proxecto ten por obxectivo aportar respostas a unha realidade e unha preocupación común ao conxunto dos países europeos: o envellecemento poboacional e ao feito de que o acompañamento das persoas maiores depende dun membro da familia ou dun terceiro que, con frecuencia e unha persoa inmigrante sen ningún tipo de cualificación.

Actualmente non existe ningunha ferramenta de transparencia nas competencias adquiridas informalmente en Italia, Bélxica, Irlanda e eslovaquia que permita definir un percorrido individualizado de formación. Aínda que existen algúns dispositivos en Francia e España, estas non se adaptan á realidade. Os cuidadores non sempre teñen a vontade nin o tempo de realizar unha inversión en formación para conseguir un título, e para moitos o seu futuro profesional non se atopa neste sector, senón que son cuidadores por circunstancias puntuais. Un dos obxectivos do proxecto Keyfora e potenciar a reflexión sobre a necesidade de que dende as autoridades europeas competentes se desenvolva unha figura homoxénea do cuidador de persoas dependentes.

A forza do proyecto europeo Keyfora crearase a partires das ferramentas trasladadas, pero tamén na estructura do seu partenariado (representantes europeos dos diferentes sectores e niveis implicados na problemática: cuidadores, políticos, administración, empresas, cntros de formación,…), da súa cobertura xeográfica e cultural (unha parte representativa do territorio europeo: norte, sur, este e oeste, das culturas anglosaxona, latina, romance e eslava), así como do seu carácter transferible a otros países europeos. Están representados os cuidadores familiares (Caring for Carers en Irlanda), os profesionales de los servicios de atención á persoa (ADMR en Francia), os organismos de formación (ID Formation, Academia de Formación de Eslovaquia e a Scuola Centrale Formazione en Italia), as asociacións de inserción implicadas no sector (AID en Bélxica) e administración local (Concello de Santiago).

Compartir: