FESTAS

Esgotadas as entradas da promoción a 17 euros de Primal Scream nunha tarde

04/07/2013 O 2 de xullo, despois da presentación do concerto do grupo PRIMAL SCREAM do peche das festas do Apóstolo o 31 de xullo, vendéronse 270 entradas ao longo da tarde polos canais da internet.

As primeiras 200 entradas vendíanse de xeito promocional a 17 euros e quedaron esgotadas nunha tarde. A partir desta cifra o prezo en anticipada é de 20 euros e o mesmo día do concerto, na billeteira, a entrada custará 24 euros.

As entradas pódense mercar en NovagaliciaBanco.es e Ticketea.com así como no Teatro Principal en horario de 17.30 a 20.30 de martes a sábado.

Compartir: