Sábado 14 de diciembre 2019

Axenda

"Baile de autor", con Manuel Liñán

Baile de autor é a unión entre coreógrafo e intérprete de Manuel Liñán (Premio Nacional de Danza 2017).

O sábado 14 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"A paisaxe e a súa pegada II", exposición na Casa do Cabido

A paisaxe e a súa pegada II amosa a visión que catro fotógrafos/as -Andrea Costas, Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler- teñen da paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade.

Ata finais de decembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Compartir: