Sábado 9 de junio 2018
Axenda
Compostela + Solidaria: actividades para mudar o mundo
Pprograma de sensibilización, con obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións e unha Feira Solidaria.
Do 25 de maio ao 15 de xuño, en diversas localizacións da cidade.
Axenda
II Semana do Libro de Compostela, SELIC (do 1 ao 10 de xuño)
Unha trintena de postos coas novidades e fondos das librarías e editoriais galegas e múltiples actividades complementarias.
Do 1 ao 10 de xuño, na praza da Quintana.
Axenda
Segunda sesión de "Cousas de Conxo contadas polos de Conxo"
Unha nova oportunidade para coñecer de primeira man as historias que forman parte da identidade de Conxo, contadas polos seus veciños e veciñas de máis idade.
O sábado 9 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
XIII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
A MICE é un espazo para a exhibición pero tamén para a formación e o debate ao redor do cinema etnográfico e a antropoloxía (audio) visual.
Do 4 ao 10 de de xuño, no Museo do Pobo Galego.
Axenda
Xornadas de Música Contemporánea (do 6 ao 29 de xuño)
Os amantes da música de culto e de vangarda poden gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos.
Do 6 ao 29 de xuño, en varios espazos da cidade.
Axenda
Sesión vermú con Los Mecánicos na praza de Cervantes
Continuan os concertos da sesión vermú coa banda Los Mecánicos, pop-rock dos anos 60 para bailar.
O sábado 9 de xuño, ás 13:00 horas, na praza de Cervantes.
Axenda
"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia
Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.
Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"O rapto de Europa", instalación de Marcos Covelo
Marcos Covelo cuestiona na peza El rapto de Europa a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político.
Do 1 de xuño ao 29 de xullo, na Zona C.
Axenda
"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido
A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.
Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.