Martes 29 de mayo 2018
Axenda
Compostela + Solidaria: actividades para mudar o mundo
Pprograma de sensibilización, con obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións e unha Feira Solidaria.
Do 25 de maio ao 15 de xuño, en diversas localizacións da cidade.
Axenda
"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia
Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.
Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido
A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.
Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.