Sábado 20 de julio 2019
Axenda
Festas do Apóstolo 2019 (19 - 31 de xullo)
Compostela celebra as festas do Apóstolo, con concertos, visitas guiadas, teatro, actividades infantís e outras moitas propostas.
Do 19 ao 31 de xullo.
Axenda
Billie Jean, por La Intrusa Danza
Esta peza curta indaga na estreita liña que existe entre a obsesión por se expoñer e curiosear nos demais, e a necesidade de preservar e manter oculta unha privacidade probablemente non perfecta.
O sábado 20 de xullo, ás 18:00 e 19:00 horas, na Alameda
Axenda
Exposición na Zona C: "Illas Desertas", de Roi Fernández
Illas Desertas visibiliza a homes e mulleres que decidiron habitar as marxes, fóra dos parámetros establecidos pola sociedade.
Do 26 de xuño ao 18 de agosto, na Zona C.
Axenda
"A paisaxe e a súa pegada I", na Casa do Cabido
Catro fotógrafos -Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz- amosan a súa particular visión da paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade.
Ata outubro, na Casa do Cabido.
Axenda
Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.
Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Verán en Belvís: rutas botánicas, obradoiros e mostra sobre o cambio climático
O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX) acolle durante o verán actividades para todos/as.
De luns a venres, ás 11:00 horas.
Axenda
Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"
A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.
Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.
Axenda
"Sonoro empeño", a relación entre a música e as artes plásticas
Esta mostra forma parte do proxecto cultural Sonoro empeño. Nela poderedes atopar pezas de arte fundamentais de autores como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho, Xaime Quessada, etc.
Ata o 15 de setembro, no Centro Abanca Obra Social.
Axenda
"Pouco a pouco", de Ângela Ferreira, no CGAC
Dende o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano.
Do 21 de xuño ao 29 de setembro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell
Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.
No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.