Sábado 5 de octubre 2019

Axenda

Ateneo Barroco: Festival de Música Antiga e Barroca

Concertos e actividades divulgativas (conferencias, encontros, proxeccións...) en torno ás músicas antigas e do Barroco.

Do 1 ao 12 de outubro, en varios espazos da cidade.

Axenda

Curtocircuíto 2019 (do 28 de setembro ao 6 de outubro)

Curtocircuíto continúa a súa aposta por traer a Galicia grandes nomes ao lado de novas figuras do cine e da cultura visual.

Do 28 de setembro ao 6 de outubro, no Teatro Principal e outros espazos da cidade.

Axenda

"A paisaxe e a súa pegada I", na Casa do Cabido

Catro fotógrafos -Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz- amosan a súa particular visión da paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade.

Ata outubro, na Casa do Cabido.

Axenda

Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.

Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: