Jueves 31 de enero 2019

Axenda

"Hemos venido a darlo todo", por Voadora

Hemos venido a darlo todo é o manifesto de Voadora, o seu manual e o seu pacto coa experiencia escénica.

O xoves 31 de xaneiro, o venres 1 e o sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Real Filharmonía de Galicia: Alto Drama

Manuel Hernández Silva dirixe a RFG nun concerto coa participación da soprano malagueña Berna Perles.

O xoves 31 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Perencontro", proxecto de Alejandra Pombo na Zona C

Alejandra Pombo pon as condicións para dar lugar ao Perencontro con catro artistas invitados para a ocasión: María Xerez, Mårten Spångberg, Silvia Zayas e Josu Bilbao.

Do 17 de xaneiro ao 10 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Nun recuncho de ningures", exposición de pezas do escultor Salvador García-Bodaño Pereira

A mostra Nun recuncho de ningures reúne pezas do artista compostelán Salvador García-Bodaño Pereira, coñecido como RADU , realizadas con materiais reciclados.

Ata mediados de marzo, na Casa do Cabido.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Castelao maxistral" na Cidade da Cultura

Exposición homenaxe ao papel dos mestres e mestras da II República e que exhibe por vez primeira en Galicia a obra icónica '"A derradeira leición do mestre".

Ata o 3 de marzo, na Cidade da Cultura.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: