Domingo 4 de febrero 2018
Axenda
"Desemellanzas", fotografías de Calrús
O fotógrafo Calrús amosa unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.
Do 2 de febreiro ao 9 de marzo, no Colexio de Fonseca.
Axenda
Exposición de esculturas do Mestre Mateo
A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.
Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.
Axenda
Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.
Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C
Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.
Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.
Axenda
"Parafernalia", exposición retrospectiva do escultor César Lombera, na Casa do Cabido
A mostra exhibe o universo popular, fantástico, festivo, teatral e colorista do escultor César Lombera ao longo das súas diferentes etapas.
Ata mediados de febreiro de 2018, na Casa do Cabido.
Axenda
"Parafernalia", retrospectiva da obra de César Lombera
"Parafernalia" é unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.
Ata despois de Semana Santa, na Casa do Cabido.
Axenda
"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas
Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.
Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC
A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.
O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
Homenaxe da Banda Municipal a Santos Bartolomé
A Banda Municipal rende homenaxe ao que fora o seu director, Amador Santos Bartolomé.
O domingo 4 de febreiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
IX Exposición da Camelia
Arredor de 30 expositores mostrarán distintas variedades desta flor na mostra organizada pola sociación Cultural Rocha Forte.
O sábado 3 e o domingo 4 de febreiro, no Centro Sociocultural A Rocha.
Axenda
Escenas do Cambio 2018
Nova edición deste Festival de Inverno de teatro, danza e arte en acción.
Do 1 ao 10 de febreiro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Xenerais da Ulla 2018
Varias parroquias compostelás e de municipios da comarca celebran o Entroido co tradicional atranque dos Xenerais da Ulla.
Os días 28 de xaneiro; 3, 4, 5, 10, 11, 13, 17, 18 e 24 de febreiro, e 3 de marzo, en varias parroquias de Santiago e comarca.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.