Jueves 19 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Lars Vogt inaugura o Ciclo de Piano Ángel Brage

O alemán Lars Vogt inaugura o Ciclo de Piano Ángel Brage cun monográfico dedicado a Schubert, un dos máis prolíficos compositores para este instrumento. A súa innegable proximidade melódica e harmónica fan das tres últimas sonatas para piano de Schubert, compostas no seu derradeiro ano de vida (1828) e actualmente consideradas entre as máis importantes pezas mestras de madurez, unha verdadeira triloxía cuxas emocións expresadas son consideradas como persoais e autobiográficas e das que sempre se lembra o carácter dramático e heroico da Sonata en do menor e o apaixonado lirismo da Sonata en La maior.

O xoves 19 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Crobot

Crobot é unha das revelacións do 2014 no mundo do rock. Creado hai pouco máis de 3 anos, este cuarteto americano de hard rock de Pottsville (Pennsylvania) conseguiu co seu primeiro disco de longa duración, titulado Something Natural, situarse nos primeiros lugares de prestixiosas listas de rock de todo o mundo. Concerto incluído no ciclo Compostela Rock.

O xoves 19 de marzo, ás 21:00 horas, na Sede SGAE/Fundación Autor.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: