Jueves 15 de enero 2015

Axenda

"Espazos compartidos. Cines e vidas", mostra fotográfica de Compostela Cine Classics

Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto,

A exposición recolle as impresións dos distintos autores sobre o cine nas súas vidas, os seus recordos e o que o cine representa para eles. Os traballos seleccionados son os seguintes: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva", de Ana Valado; "Personaxe misteriosa", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro Cinema Paradiso", de Jorge Juan; "Redescubrindo a Sala Yago", de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello", de Javier Grixo; "Godard", de Ana Gontad; "I love cine", de Peibol; "Safety curtain", de Valeria; "A taquilla do Colón", de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario", de María Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle-Inclán", de María Munín Gonzalez; "Primer plano", de José Mª Lamas; e "Expo cine", de Lora B.

Do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".

Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"No estanque dourado", con Lola Herrera e Héctor Alterio

O pasado 2 de outubro estreouse no Teatro Principal de Zaragoza No estanque dourado, de Ernest Thompson, dirixida por Magüi Mira e protagonizada por Lola Herrera e Héctor Alterio, xuntos por primeira vez nos escenarios. Traducida a trinta idiomas, producida en máis de corenta países, No estanque dourado é xa un clásico do teatro contemporáneo. Estréase por primeira vez aquí, en España, en versión de Emilio Hernández.

O xoves 15 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio ABANCA.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Anna Vinnitskaya coa RFG

"Shostakovich irradiaba unha grandeza e unha bondade estrañas, como unha especie de forza máxica irrestitible", sostén o pianista, compositor e musicólogo polaco Krzysztof Meyer. A sinfonía máis clásica de Schubert, a quinta, pecha un programa cuxa obra central é o segundo concerto para piano de Shostakovich, creación nostálxica e libre, sobre todo no segundo movemento que garante unha popularidade duradeira a unha obra que escribiu como regalo de aniversario ao seu fillo Maxim.

O xoves 15 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Anna Vinnitskaya e a RFG

A pianista Anna Vinnitskaya acompaña á Real Filharmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión por Christoph König, nun concerto co seguinte programa: Danzas populares romanesas, de Béla Bartók; Concerto para piano e orquestra núm. 2 en Fa maior, op. 102, de Dmitri Shostakovich; e Sinfonía núm. 5 en Si bemol maior, D.485, de Franz Schubert.

Franz Schubert

O xoves 15 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: